Xestoría administrativa en Trazo
Os xestores administrativos somos profesionais especializados en actuar ante calquera administración pública en nome de persoas físicas ou xurídicas, garantindo calidade e exactitude no cumprimento das obrigas administrativas.
Exercemos avalados por unha titulación universitaria e por un título oficial, e a colexiación obríganos a cumprir unhas normas deontolóxicas que garanten os servizos prestados. José Luis Muiño é xestor administrativo colexiado nº 1096 do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.
Que facemos
Tráfico
- Transferencias de vehículos, incluída a redacción do contrato de compravenda.
- Matriculacións.
- Duplicados do permiso de circulación.
- Renovación, troco e duplicado do permiso de conducir.
Transportes
- Solicitude e visado de tarxetas de transporte, público e privado.
Trámites notariais e rexistrais
- Tramitación de escrituras.
- Notas simples rexistrais.
- Certificacións literais.
Concello
- Certificados de empadroamento.
- Licenzas de apertura de establecementos.
Certificados
- Penais, nacemento, defunción e últimas vontades.
Preguntas frecuentes
Que documentación preciso para transferir un vehículo?
Con carácter xeral, o DNI de comprador e vendedor, o permiso de circulación e a ficha técnica coa ITV en vigor. O contrato de compravenda podemos redactalo nós, e encargámonos do imposto e da presentación en Tráfico.
Teño que ir eu a Tráfico ou ao rexistro?
Non. Actuamos no teu nome ante a Administración para que non teñas que desprazarte.
Tramitades tarxetas de transporte?
Si. Xestionamos a solicitude e o visado das tarxetas de transporte, tanto público como privado.
Fala connosco
Chámanos ao 981 68 93 05 ou escríbenos dende a páxina de contacto. Estamos en Lg. Viaño Pequeno, 34, baixo, 15687 Trazo (A Coruña). Horario: de luns a xoves de 8:00 a 17:00 e venres de 8:00 a 14:00.
