Asesoría fiscal en Trazo
En Xestoría Muiño ofrecemos a empresas, profesionais e particulares un asesoramento integral das súas obrigas fiscais, estudando en todo momento as mellores alternativas para que a carga impositiva sexa a máis reducida posible dentro da normativa vixente.
Encargámonos da confección, presentación e seguimento de todos os impostos, declaracións e resumos anuais ante a Axencia Tributaria. Atendemos na nosa oficina de Viaño Pequeno (Trazo) a clientes de Trazo, Ordes, Tordoia, Oroso, Val do Dubra, Santiago e do resto da provincia da Coruña e de España, tamén a distancia por teléfono e correo electrónico.
Que facemos
- Declaración da Renda das Persoas Físicas (IRPF).
- Declaracións trimestrais: modelos 111, 115, 123, 130, 131 e 303.
- Declaracións anuais: modelos 180, 184, 190 e 390.
- Declaracións informativas: modelos 347 e 349.
- Imposto de Sociedades e contas anuais.
- Cálculo de impostos de empresarios e profesionais en estimación directa (normal e simplificada).
- Cálculo de módulos, incluídas as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.
- Regularización do IVE e cálculo do rateo anual para Renda e IVE.
- Amortizacións e cálculo de beneficios.
- Libros oficiais e libros rexistro de compras e vendas.
- Certificados de retencións.
- Atención de requirimentos e notificacións da Axencia Tributaria.
Preguntas frecuentes
Cando se presenta a declaración da renda?
A campaña da renda desenvólvese cada ano entre abril e xuño. Podes pedirnos cita por teléfono para preparala con tempo.
Cando se presentan as declaracións trimestrais?
Con carácter xeral, nos vinte primeiros días de abril, xullo e outubro, e durante o mes de xaneiro para o cuarto trimestre.
Levades a fiscalidade de explotacións agrícolas e gandeiras?
Si. Traballamos de forma habitual con actividades agrícolas, gandeiras e forestais, tanto en módulos como en estimación directa.
Podo cambiar de xestoría a metade de ano?
Si. Encargámonos de recoller a documentación necesaria para continuar coas túas obrigas sen interrupcións.
Fala connosco
Chámanos ao 981 68 93 05 ou escríbenos dende a páxina de contacto. Estamos en Lg. Viaño Pequeno, 34, baixo, 15687 Trazo (A Coruña). Horario: de luns a xoves de 8:00 a 17:00 e venres de 8:00 a 14:00.
