Fiscalidade
A Xestoria Muiño ofrece tanto a empresas como a profesionais e persoas físicas, un asesoramento integral das obrigas fiscais segundo a normativa vixente, estudando en todo momento as mellores alternativas para que a carga impositiva sufrida polos nosos clientes sexa o mais reducida posible.
Contabilidade
O noso sistema de traballo adaptarase ás necesidades do cliente; o estudio e a confección dos estados contables realizarase coa periodicidade que nos demande o cliente. Disporá sempre dunha información rápida e veraz sobre a situación económica e financeira da súa empresa.
Laboral
Desde a nosa Xestoría, ocupámonos de todos os servizos que a súa empresa necesita no ámbito laboral, tanto en relación cos seus traballadores, como cos diferentes organismos da Administración, cubrindo calquera situación cun asesoramento completo e eficaz sobre a materia.
Xestoría
Administrativa
Os xestores administrativos somos profesionais especializados para actuar ante calquera administración pública, en nome das persoas físicas ou xurídicas, garantindo unha maior calidade e exactitude no cumprimento das obrigas administrativas.
Coñece a nosa
Familia
Xestoría Muiño iniciou o seu camiño da man de Jose Luis Muiño, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela na promoción do ano 2000.
Así mesmo obtivo o título de Xestor Administrativo no ano 2009, expedido pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, e no seu nome, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.
Tamén dispón do título de Administrador de Fincas, pertencente o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de A Coruña.
Autónomos e empresas
Anos de experiencia
O que pensan os nosos clientes
Estamos aquí para ti
De luns a venres
Teléfonos
Enderezo
Lg. Viaño Pequeno, 34, Bj, 15687 Trazo, A Coruña
Horario
L-X: 8:00–17:00
V: 8:00–14:00
