Asesoría contable en Trazo

A contabilidade é un elemento esencial en calquera empresa, non só pola obriga normativa, senón para coñecer a evolución do negocio, prever desequilibrios e tomar decisións con datos.

O noso sistema de traballo adáptase ás necesidades de cada cliente: o estudo e a confección dos estados contables realízase coa periodicidade que nos pidas, de xeito que dispoñas sempre dunha información rápida e veraz sobre a situación económica e financeira da túa empresa.

factura

Que facemos

  • Contabilización das operacións da sociedade.
  • Rexistros obrigatorios: libros auxiliares de contabilidade e libros rexistro de IVE.
  • Libros oficiais: Diario, Inventario e Contas Anuais.
  • Formulación da Memoria e da Conta de Perdas e Ganancias.
  • Estados contables coa periodicidade que precise cada cliente.
  • Análise e comentario periódico do resultado dos balances.
  • Asesoramento sobre o plan contable das distintas ramas de actividade.
  • Formulación das Contas Anuais e depósito no Rexistro Mercantil.

Preguntas frecuentes

Cada canto tempo recibirei información da miña contabilidade?

Coa periodicidade que acordemos: mensual, trimestral ou anual, segundo o que precise o teu negocio.

Encargádesvos do depósito das contas anuais?

Si. Formulamos as contas anuais e presentámolas no Rexistro Mercantil correspondente.

Como vos fago chegar as facturas?

Podes entregalas en papel na oficina ou enviárnolas a través da aplicación Matrix.

Fala connosco

Chámanos ao 981 68 93 05 ou escríbenos dende a páxina de contacto. Estamos en Lg. Viaño Pequeno, 34, baixo, 15687 Trazo (A Coruña). Horario: de luns a xoves de 8:00 a 17:00 e venres de 8:00 a 14:00.

Ver todos os servizos de Xestoría Muiño

Skip to content