Xestoría administrativa en Trazo

Os xestores administrativos somos profesionais especializados en actuar ante calquera administración pública en nome de persoas físicas ou xurídicas, garantindo calidade e exactitude no cumprimento das obrigas administrativas.

Exercemos avalados por unha titulación universitaria e por un título oficial, e a colexiación obríganos a cumprir unhas normas deontolóxicas que garanten os servizos prestados. José Luis Muiño é xestor administrativo colexiado nº 1096 do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

leyes corporativas

Que facemos

Tráfico

  • Transferencias de vehículos, incluída a redacción do contrato de compravenda.
  • Matriculacións.
  • Duplicados do permiso de circulación.
  • Renovación, troco e duplicado do permiso de conducir.

Transportes

  • Solicitude e visado de tarxetas de transporte, público e privado.

Trámites notariais e rexistrais

  • Tramitación de escrituras.
  • Notas simples rexistrais.
  • Certificacións literais.

Concello

  • Certificados de empadroamento.
  • Licenzas de apertura de establecementos.

Certificados

  • Penais, nacemento, defunción e últimas vontades.

Preguntas frecuentes

Que documentación preciso para transferir un vehículo?

Con carácter xeral, o DNI de comprador e vendedor, o permiso de circulación e a ficha técnica coa ITV en vigor. O contrato de compravenda podemos redactalo nós, e encargámonos do imposto e da presentación en Tráfico.

Teño que ir eu a Tráfico ou ao rexistro?

Non. Actuamos no teu nome ante a Administración para que non teñas que desprazarte.

Tramitades tarxetas de transporte?

Si. Xestionamos a solicitude e o visado das tarxetas de transporte, tanto público como privado.

Fala connosco

Chámanos ao 981 68 93 05 ou escríbenos dende a páxina de contacto. Estamos en Lg. Viaño Pequeno, 34, baixo, 15687 Trazo (A Coruña). Horario: de luns a xoves de 8:00 a 17:00 e venres de 8:00 a 14:00.

Ver todos os servizos de Xestoría Muiño

Skip to content