Asesoría laboral en Trazo

Dende a nosa xestoría ocupámonos de todos os servizos que a túa empresa necesita no ámbito laboral, tanto en relación cos traballadores como cos distintos organismos da Administración, cun asesoramento completo e eficaz.

Atendemos a empresas e autónomos de Trazo, Ordes, Tordoia, Oroso, Val do Dubra, Santiago e do resto da provincia da Coruña e de España.

lanza libre

Que facemos

  • Altas, baixas e variacións de traballadores e presentación de cotizacións (Sistema RED).
  • Nóminas, pagas extras, atrasos e liquidacións.
  • Estudo e confección dos contratos de traballo máis axeitados, aproveitando cando sexa posible bonificacións ou reducións na cota da Seguridade Social.
  • Cartas de cesamento e sancións.
  • Actualización de salarios segundo convenio.
  • Control de vencementos de contratos temporais.
  • Tramitación dos partes de baixa, confirmación e alta de incapacidade temporal.
  • Altas e baixas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e noutros réximes especiais.
  • Asistencia e representación ante os organismos laborais e da Seguridade Social, e en controis e inspeccións de Traballo.
  • Información sobre as novidades normativas que afectan á túa empresa.
  • Plataforma de empregados (Bilky), accesible dende o botón «Iniciar Sesión» desta web.

Preguntas frecuentes

Tramitades a alta de autónomo?

Si. Xestionamos a alta e a baixa no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e as declaracións censuais asociadas.

Podedes levar as nóminas aínda que só teña un traballador?

Si. Traballamos con empresas de calquera tamaño, tamén con autónomos cun só empregado.

Avisádesme cando vence un contrato temporal?

Si. Levamos o control dos vencementos e avisámoste con antelación para decidir como proceder.

Fala connosco

Chámanos ao 981 68 93 05 ou escríbenos dende a páxina de contacto. Estamos en Lg. Viaño Pequeno, 34, baixo, 15687 Trazo (A Coruña). Horario: de luns a xoves de 8:00 a 17:00 e venres de 8:00 a 14:00.

Ver todos os servizos de Xestoría Muiño

Skip to content