Asesoría contable en Trazo
A contabilidade é un elemento esencial en calquera empresa, non só pola obriga normativa, senón para coñecer a evolución do negocio, prever desequilibrios e tomar decisións con datos.
O noso sistema de traballo adáptase ás necesidades de cada cliente: o estudo e a confección dos estados contables realízase coa periodicidade que nos pidas, de xeito que dispoñas sempre dunha información rápida e veraz sobre a situación económica e financeira da túa empresa.
Que facemos
- Contabilización das operacións da sociedade.
- Rexistros obrigatorios: libros auxiliares de contabilidade e libros rexistro de IVE.
- Libros oficiais: Diario, Inventario e Contas Anuais.
- Formulación da Memoria e da Conta de Perdas e Ganancias.
- Estados contables coa periodicidade que precise cada cliente.
- Análise e comentario periódico do resultado dos balances.
- Asesoramento sobre o plan contable das distintas ramas de actividade.
- Formulación das Contas Anuais e depósito no Rexistro Mercantil.
Preguntas frecuentes
Cada canto tempo recibirei información da miña contabilidade?
Coa periodicidade que acordemos: mensual, trimestral ou anual, segundo o que precise o teu negocio.
Encargádesvos do depósito das contas anuais?
Si. Formulamos as contas anuais e presentámolas no Rexistro Mercantil correspondente.
Como vos fago chegar as facturas?
Podes entregalas en papel na oficina ou enviárnolas a través da aplicación Matrix.
Fala connosco
Chámanos ao 981 68 93 05 ou escríbenos dende a páxina de contacto. Estamos en Lg. Viaño Pequeno, 34, baixo, 15687 Trazo (A Coruña). Horario: de luns a xoves de 8:00 a 17:00 e venres de 8:00 a 14:00.
