Os xestores administrativos somos profesionais especializados para actuar ante calquera administración pública, en nome das persoas físicas ou xurídicas, garantindo unha maior calidade e exactitude no cumprimento das obrigas administrativas.
Facemos o noso traballo en réxime de libre competencia, pero avalados por unha titulación universitaria e pola propia administración, que nos outorga un título trala superación duns exames de acceso. Para exercer a nosa profesión é imprescindible a Colexiación que obriga, entre outras esixencias, ó cumprimento dunhas normas deontolóxicas e garante ante os cidadáns os servizos prestados.
Entre outros, ofrecemos os seguintes servizos:
TRÁFICO
- Transferencias.
- Matriculacións
- Duplicados Permiso Circulación.
- Renovación, canxe e duplicado permiso de conducir.
- Etc
TRANSPORTES
- Solicitude e visado de tarxetas de transporte, público e privado.
TRÁMITES NOTARIAIS E REXISTRAIS
- Tramitación escrituras.
- Notas simples rexistrais.
- Certificacións literais
CONCELLO
- Certificados empadroamento.
- Licencia apertura establecementos.
ESTRANXEIROS
- Obtención N.I.E.
- Permisos de residencia.
CERTIFICADOS VARIOS
- Penais.
- Nacemento.
- Defunción.
- Últimas vontades