Icono del sitio Xestoria Muino

Consultoría Fiscal y Contable | Servicios

Ofrecemos una gama completa de Servicios de consultoría diseñados para cubrir todas sus necesidades legales y empresariales con  nuestro equipo  de profesionales altamente calificados.

Servicio Contrato

Fiscalidade

En Xestoria Muiño ofrecemos tanto a empresas como a profesionais e particulares, un asesoramento integral das obrigas fiscais segundo a normativa vixente, estudando en todo momento as mellores alternativas para que a carga impositiva sufrida polos nosos clientes sexa o mais reducida posible.

Na actualidade existen multitude de obrigas tributarias as que temos que facer fronte, por iso encargámonos da confección, presentación e seguimento de todos os impostos, declaracións e resumos anuais que se deben presentar á Axencia Tributaria.

Prestando sempre un servizo integral ó cliente, encargarémonos de:

  • Declaración da Renda das Persoas Físicas
  • Declaracións trimestrais: 110, 111, 115, 123, 130, 131, 303, 310 y 311
  • Declaracións anuais: 180, 184, 190, 370, 371 y 390
  • Declaracións informativas: 340, 347 y 349
  • Cálculo de impostos de empresarios e profesionais en Estimación Directa (Normal
    e Simplificada).
  • Cálculo de módulos (incluíndo actividades agrícolas, gandeiras e forestais).
  • Cálculo do promedio anual para Renda e IVA.
  • Regularización do IVA.
  • Amortizacións.
  • Confección de libros oficiais.
  • Cálculo de beneficios.
  • Certificado de retencións.
  • Confección de libro de compras e vendas
  • Confección do Imposto de Sociedades.
  • Confección das contas anuais
  • Todos os restantes trámites de obrigado cumprimento.

Contabilidade

O noso sistema de traballo adaptarase ás necesidades do cliente; o estudio e a confección dos estados contables realizarase coa periodicidade que nos demande o cliente.  Disporá sempre dunha información rápida e veraz sobre a situación económica e financeira da súa empresa.

A contabilidade é un elemento esencial en todas as empresas, non só pola obriga normativa, senón para coñecer a evolución do negocio ó longo do tempo, prever futuros desequilibrios e garantir o éxito comercial.

Na nosa xestoría encargarémosnos de:

  • Contabilización das operacións da sociedade.
  • Confección dos rexistros obrigatorios pola lexislación vixente (libros auxiliares de contabilidade e libros rexistro de I.V.A.)
  • Confección de Libros Oficiais: Diario, Inventario e Contas Anuais. Formulación de Memoria e Conta de Pérdas e Ganancias.
  • Estudio e confección dos estados contables coa periodicidade requerida por cada un dos nosos clientes.
  • Análise e comentario periódico do resultado dos balances.
  • Asesoramento do plan contable para as diferentes ramas de actividade.
  • Formulación de Contas Anuais e depósito das mesmas no Rexistro Mercantil correspondente.

Laboral

Dende a nosa Xestoría,ocupámonos de todos os servizos que a súa empresa necesita no ámbito laboral, tanto en relación cos seus traballadores, como cos diferentes organismos da Administración, cubrindo calquera situación cun asesoramento completo e eficaz sobre a materia.

Os nosos servizos laborais céntranse nos seguintes puntos:

  • Presentación telemática de cotizacións, altas, baixas de traballadores, etc … (Sistema RED)
  • Confección de nóminas, pagas extras, atrasos, finiquitos, etc.
  • Confección de cartas de cese, sancións, etc …
  • Confección boletíns de cotización á Seguridade Social. Sistema RED.
  • Estudio e confección dos contratos de traballo mais adecuados de cara o cliente, aproveitando se é posible, bonificacións ou reduccións na cuota da Seguridade Social.
  • Informes sobre as novas modificacións  normativas que aprobe o goberno.
  • Actualización de salarios según Convenios
  • Xestión e tramitación dos partes de alta, confirmación e baixa de I.T..
  • Control de vencementos de contratos temporais.
  • Asistencia e representación ante os diferentes Organismos Laborais e da Seguridade Social. Controis e Inspeccións de Traballo.
  • Altas e baixas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e outros réximes especiais.
  • Asesoramento laboral en xeral.

Xestoría

Administrativa

Os xestores administrativos somos profesionais especializados para actuar ante calquera administración pública, en nome das persoas físicas ou xurídicas, garantindo unha maior calidade e exactitude no cumprimento das obrigas administrativas.

Facemos o noso traballo en réxime de libre competencia, pero avalados por unha titulación universitaria e pola propia administración, que nos outorga un título trala superación duns exames de acceso. Para exercer a nosa profesión é imprescindible a Colexiación que obriga, entre outras esixencias, ó cumprimento dunhas normas deontolóxicas e garante ante os cidadáns os servizos prestados.

Entre outros, ofrecemos os seguintes servizos:

TRÁFICO

  • Transferencias.
  • Matriculacións
  • Duplicados Permiso Circulación.
  • Renovación, canxe e duplicado permiso de conducir.
  • Etc

TRANSPORTES

  • Solicitude e visado de tarxetas de transporte, público e privado.

TRÁMITES NOTARIAIS E REXISTRAIS 

  • Tramitación escrituras.
  • Notas simples rexistrais.
  • Certificacións literais

CONCELLO

  • Certificados empadroamento.
  • Licencia apertura establecementos.

ESTRANXEIROS

  • Obtención N.I.E.
  • Permisos de residencia.

CERTIFICADOS VARIOS

  • Penais.
  • Nacemento.
  • Defunción.
  • Últimas vontades

Casos resoltos

Equipo de expertos

Socios Asociados

Anos de experiencia

O que pensan os nosos clientes

 
Salir de la versión móvil