Ofrecemos una gama completa de Servicios de consultoría diseñados para cubrir todas sus necesidades legales y empresariales con nuestro equipo de profesionales altamente calificados.
Fiscalidade
En Xestoria Muiño ofrecemos tanto a empresas como a profesionais e particulares, un asesoramento integral das obrigas fiscais segundo a normativa vixente, estudando en todo momento as mellores alternativas para que a carga impositiva sufrida polos nosos clientes sexa o mais reducida posible.
Na actualidade existen multitude de obrigas tributarias as que temos que facer fronte, por iso encargámonos da confección, presentación e seguimento de todos os impostos, declaracións e resumos anuais que se deben presentar á Axencia Tributaria.
Prestando sempre un servizo integral ó cliente, encargarémonos de:
- Declaración da Renda das Persoas Físicas
- Declaracións trimestrais: 110, 111, 115, 123, 130, 131, 303, 310 y 311
- Declaracións anuais: 180, 184, 190, 370, 371 y 390
- Declaracións informativas: 340, 347 y 349
- Cálculo de impostos de empresarios e profesionais en Estimación Directa (Normal
e Simplificada). - Cálculo de módulos (incluíndo actividades agrícolas, gandeiras e forestais).
- Cálculo do promedio anual para Renda e IVA.
- Regularización do IVA.
- Amortizacións.
- Confección de libros oficiais.
- Cálculo de beneficios.
- Certificado de retencións.
- Confección de libro de compras e vendas
- Confección do Imposto de Sociedades.
- Confección das contas anuais
- Todos os restantes trámites de obrigado cumprimento.
Contabilidade
O noso sistema de traballo adaptarase ás necesidades do cliente; o estudio e a confección dos estados contables realizarase coa periodicidade que nos demande o cliente. Disporá sempre dunha información rápida e veraz sobre a situación económica e financeira da súa empresa.
A contabilidade é un elemento esencial en todas as empresas, non só pola obriga normativa, senón para coñecer a evolución do negocio ó longo do tempo, prever futuros desequilibrios e garantir o éxito comercial.
Na nosa xestoría encargarémosnos de:
- Contabilización das operacións da sociedade.
- Confección dos rexistros obrigatorios pola lexislación vixente (libros auxiliares de contabilidade e libros rexistro de I.V.A.)
- Confección de Libros Oficiais: Diario, Inventario e Contas Anuais. Formulación de Memoria e Conta de Pérdas e Ganancias.
- Estudio e confección dos estados contables coa periodicidade requerida por cada un dos nosos clientes.
- Análise e comentario periódico do resultado dos balances.
- Asesoramento do plan contable para as diferentes ramas de actividade.
- Formulación de Contas Anuais e depósito das mesmas no Rexistro Mercantil correspondente.
Laboral
Dende a nosa Xestoría,ocupámonos de todos os servizos que a súa empresa necesita no ámbito laboral, tanto en relación cos seus traballadores, como cos diferentes organismos da Administración, cubrindo calquera situación cun asesoramento completo e eficaz sobre a materia.
Os nosos servizos laborais céntranse nos seguintes puntos:
- Presentación telemática de cotizacións, altas, baixas de traballadores, etc … (Sistema RED)
- Confección de nóminas, pagas extras, atrasos, finiquitos, etc.
- Confección de cartas de cese, sancións, etc …
- Confección boletíns de cotización á Seguridade Social. Sistema RED.
- Estudio e confección dos contratos de traballo mais adecuados de cara o cliente, aproveitando se é posible, bonificacións ou reduccións na cuota da Seguridade Social.
- Informes sobre as novas modificacións normativas que aprobe o goberno.
- Actualización de salarios según Convenios
- Xestión e tramitación dos partes de alta, confirmación e baixa de I.T..
- Control de vencementos de contratos temporais.
- Asistencia e representación ante os diferentes Organismos Laborais e da Seguridade Social. Controis e Inspeccións de Traballo.
- Altas e baixas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e outros réximes especiais.
- Asesoramento laboral en xeral.
Xestoría
Administrativa
Os xestores administrativos somos profesionais especializados para actuar ante calquera administración pública, en nome das persoas físicas ou xurídicas, garantindo unha maior calidade e exactitude no cumprimento das obrigas administrativas.
Facemos o noso traballo en réxime de libre competencia, pero avalados por unha titulación universitaria e pola propia administración, que nos outorga un título trala superación duns exames de acceso. Para exercer a nosa profesión é imprescindible a Colexiación que obriga, entre outras esixencias, ó cumprimento dunhas normas deontolóxicas e garante ante os cidadáns os servizos prestados.
Entre outros, ofrecemos os seguintes servizos:
TRÁFICO
- Transferencias.
- Matriculacións
- Duplicados Permiso Circulación.
- Renovación, canxe e duplicado permiso de conducir.
- Etc
TRANSPORTES
- Solicitude e visado de tarxetas de transporte, público e privado.
TRÁMITES NOTARIAIS E REXISTRAIS
- Tramitación escrituras.
- Notas simples rexistrais.
- Certificacións literais
CONCELLO
- Certificados empadroamento.
- Licencia apertura establecementos.
ESTRANXEIROS
- Obtención N.I.E.
- Permisos de residencia.
CERTIFICADOS VARIOS
- Penais.
- Nacemento.
- Defunción.
- Últimas vontades