XESTORÍA MUIÑO foi creada por José Luis Muiño Castro, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela na promoción do ano 2000.
Así mesmo obtivo o título de Xestor Administrativo no ano 2009, expedido pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, e no seu nome, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.
Tamén dispón do título de Administrador de Fincas, pertencente o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de A Coruña.
Esta ampla formación, unida a unha grande experiencia no asesoramento de empresas, contribúen a ofrecer os nosos clientes un servizo de calidade, para o cal o uso das novas tecnoloxías é primordial.
Dende o inicio tentamos usar na medida do posible as opcións das Administración Públicas para traballar a través de Internet, e evitar o desprazamento físico ó lugar onde hai que realizar un trámite. Con isto pretendemos que os nosos clientes aforren tempo e custos, e se poidan dedicar a súa actividade propia, deixando os temas administrativos nas nosas mans.